O expreso celeste chega ao Nadal tras levarse o duelo de invictos ante Peleteiro

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Una gran primera vuelta. Felicito a mis jugadoras por su excelente trabajo y esfuerzo”

ESTUDIANTES 58 – PELETEIRO 41

EstudIantes deu un golpe de autoridade antes do parón de Nadal tras impoñerse a Peleteiro nun partido que mediu aos dous únicos equipos que se mantiñan invictos neste grupo Norte da Liga Galega infantil.
A presión e o respecto mutuo apoderouse dos dous equipos nos primeiros minutos de xogo, nos que ambos estaban máis centrados en non cometer erros que en arriscar, especialmente en defensa, de aí que se dese un primeiro parcial tan atípico para estes dous equipos, 5-6.
Unha vez metidas no encontro, as celestes empezaron a xogar con máis soltura, pero sempre coas ideas claras tanto en ataque, asinando 20 puntos neste segundo parcial, como en defensa, ao deixar a Peleteiro en tan só 6 puntos.
O 25-12 co que se chegou ao descanso era xa un golpe de autoridade ao seu principal rival na competición, pero lonxe de relaxarse, Estudiantes gustouse tralo descanso. A intensa e efectiva defensa propiciou moitos roubos de balón e as transicións executáronse á perfección ata chegar a unha máxima diferenza de 19 puntos, 44-25.
Co partido visto para sentencia Estudiantes xogou coa vantaxe no último cuarto, despedindo ao grande o 2017 e ilusionando aínda máis co que pode chegar no 2018.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu