A exhibición ofensiva minimizou as ausencias do Estudiantes

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“En partidos así, con tantas bajas, se agradece tener jugadores tan comprometidos como Dani”

XUVEN 77 – ESTUDIANTES 110

EstudIantes volveu á senda da vitoria na Liga Galega júnior masculina tras impoñerse en Cambados a Xuven, cunha exhibición ofensiva coa que os celestes eclipsaron as significativas ausencias coas que afrontaron este encontro.
Ante as baixas de Rivas, Trabado e Piedracoba; Antón, Andrés e Iago deron en ataque un paso á fronte, aportando moito tanto en defensa como en ataque desde os primeiros minutos de partido.
Estudiantes tardou un pouco en asentarse na pista, especialmente en defensa, polo que o primeiro cuarto foi un intercambio de canastras que finalizou con 19-21 no marcador.
Co paso dos minutos os celestes foron axustando máis en defensa, pero mantiveron as súas altas porcentaxes de acerto en ataque. Deste xeito tomaron as rendas no marcador con autoridade tras un segundo parcial de 10-24 co que se chegou ao descanso con 29-45 no electrónico.
A segunda parte foi un calco da primeira, cun terceiro parcial no que os ataques impuxéronse ás defensas, 25-25, mentres que nos últimos dez minutos Estudiantes luciuse en ataque para asinar 40 puntos no último cuarto, 25-40, co que se pechou o marcador en 77-110, sendo esta a máxima anotación celeste esta tempada.
Estudiantes despedirá o ano recibindo a Bosco Salesianos tralo parón da próxima fin de semana, no que Riobóo espera recuperar efectivos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu