Excesivos factores en contra para o CB Ribadeo cadete

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

JOSE VÁZQUEZ – CB Ribadeo

“Todo lo que nos está sucediendo en esta fase de ascenso está siendo muy negativo para nosotras. Aún así luchamos hasta que se nos agotó la gasolina”

CB RIBADEO 59 – CÍA DE MARÍA 63

Ribadeo volveu ter demasiados factores en contra para poder alzarse coa vitoria. Un triunfo que as mariñás buscaban por máis de tres puntos para recuperar o basketaverage particular, e tiveron opcións para iso ata que as adversidades impedírono.
No primeiro cuarto Ribadeo tomou o mando do partido cun parcial de 16-8 no que Jose sorprendeu ás compostelás cunha defensa 1-3-1 coa que secou á mellor xogadora rival, autora de 24 puntos no partido de ida.
No segundo parcial Ribadeo ampliou a vantaxe nos primeiros minutos, pero no ecuador do segundo cuarto as visitantes subiron a intensidade defensiva e unha polémica técnica ao banquiño local fixo que a diferenza se reducise ata o 33-29 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte Sara e Fátima, con problemas de faltas, estiveron moitos minutos fóra de pista, e unha mala caída de Aldara sacouna do encontro, algo que aproveitou o conxunto compostelán para darlle a volta ao marcador de cara aos dez últimos minutos, nos que Ribadeo non escatimou en esforzos, pero non puido facer fronte a todas as adversidades.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu