Evidente evolución de Maristas contra Montrove

En 1ª División, Alevín, Principal

ÓSCAR ENGROBA – Maristas

“Buen partido en el que competimos ante un gran rival. Seguimos mejorando”

MARISTAS 66 – MONTROVE 73

A Maristas ségueselle resistindo o premio da vitoria tras ir de menos a máis neste partido. Se na pasada xornada os de Óscar Engroba acariñaron a remontada ante Estudantes no derbi, nesta ante Montrove volvéronse quedar ás portas de gañarlle a outro dos aspirantes ao título de Liga.
Á marxe dos resultados a favor ou en contra, o que quedou claro ante Montrove é o crecemento como equipo dos lucenses, xa que na primeira volta varreron da pista a Maristas tras impoñerse de corenta puntos. Nesta ocasión tiveron que apertar os dentes ata os minutos finais para saír airosos do Anexo.
Coa concentración defensiva por bandeira, Maristas demostrou desde o inicio que estaba preparado para competir. Cun 10-10 tralo primeiro parcial, iniciouse o segundo no que entraron en escena Julián e Samuel, dous dos pilares ofensivos do equipo. Con eles, Maristas anotou con máis fluidez á vez que mantivo a intensidade defensiva para impoñerse no segundo parcial, 14-8.
No terceiro Montrove demostrou a súa calidade e volveu irse un pouco no marcador cun 8-16 para chegar ao descanso con máxima igualdade, 32-34.
Co medo no corpo, Montrove iniciou unha presión de dous para un no quinto parcial, 7-15, co que se foron un pouco no marcador. Pero lonxe de baixar os brazos, Maristas foise a polo partido poñéndose a 4 puntos a falta de tres minutos que se fixeron un pouco longos polo esforzo físico realizado.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu