Esutidantes e Ribadeo manteñen o pulso no alto da táboa da Liga cadete masculina

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

CB RIBADEO 100 – CB SARRIA 34

AXSC 39 – CB CELTAS 74

ESTUDIANTES 117 – MGR SARRIA 38

 

O CB Celtas logrou a súa primeira vitoria na Liga ao impoñerse ao Sagrado Corazón, nun partido de igual a igual en que os de Foz puideron despregar o seu xogo.
O dominio visitante consolidouse no segundo cuarto, cunha presión a toda pista que deixou a Sagrado en só catro puntos – 4 a 23-. Tralo descanso, a defensa non foi tan asfixiante e Sagrado dispuxo de máis tiros, aínda que a vitoria dos mariñaos nunca estivo en cuestión.
Por outra banda, a unha xornada para rematar a primeira volta, Estudiantes e CB Ribadeo perfílanse como principais candidatos ao título de Liga. Os seus números ao peche do ano acreditan a súa condición de favoritos, sete vitorias noutros tantos partidos, a falta do enfrontamento directo que disputarán a vindeira xornada.
Nos últimos partidos do ano tampouco quitaron o pé do acelerador, e impuxéronse a CB Sarria e MGR Sarria, respectivamente, con avultados marcadores.
Os celestes romperon o partido (117-38) xa no primeiro cuarto e mantiveron un alto ritmo durante todo o encontro, correndo e anotando ata superar, por terceira vez na temporada, a barreira dos cen puntos.
O CB Ribadeo tamén estirou a diferenza ante o CB Sarria (100-34) mantendo a intensidade defensiva e o ritmo en ataque durante todo o encontro. Amais da vitoria, a noticia no equipo ribadense foi o debut de Eduardo despois dunha lesión.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu