Estudiantes xa está virtualmente clasificado para o Galego cadete

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Felicito a todos os rapaces polo gran nivel de esforzo e concentración”

BASQUET CORUÑA 54 – ESTUDIANTES 82

Estudiantes debutou en 2018 cun recital de xogo, sobre todo na primeira parte, ante Basquet Coruña. Os de Pablo Abuín están virtualmente clasificados para a segunda fase da Liga Galega cadete, na que se citarán os catro primeiros clasificados de cada grupo.
Estudiantes conta cun partido máis, o que adiantou ante Silgatec, que corresponde á próxima xornada e que os celestes gañaron por 75-50. Tras impoñerse tamén na Coruña, contan con cinco vitorias sobre o quinto clasificado. Peleteiro, que aínda ten que pasar polo Anexo e que ademais de gañalo todo tería que levantar un average de 15 puntos tralo 73-88 do encontro de ida no que Estudiantes se impuxo en Santiago.
Á marxe da clasificación, Estudiantes demostrou que tiña mono de baloncesto tralo parón de Nadal, ao volver á competición pola porta grande.
O gran ton defensivo que ofreceron os lucenses na primeira parte deixou sen opcións aos herculinos, desbordados pola actividade defensiva e o ritmo que os celestes lle imprimiron ao xogo en ataque. Pero cando non tiñan posibilidade de conseguir rápidas transicións, moveron o balón con criterio ata conseguir tiros liberados.
Todo isto viuse reflectido no marcador desde os primeiros minutos co 7-18 inicial e o 11-24 do segundo cuarto, co que o marcador foise ata o 18-42 ao descanso.
No terceiro cuarto Coruña intentou reaccionar, pero Estudiantes non concedeu tregua e mantivo o listón de intensidade alto ao longo dos corenta minutos. Unha regularidade que non tivo noutros encontros, pero que é un bo sinal de identidade de cara ao que resta de tempada.
Tralo 16-20 do terceiro cuarto, co que quedaba completamente visto para sentenza o encontro, no último parcial os ataques impuxéronse ás defensas co 20-20.
Estudiantes terá un novo parón, xa que adiantou o encontro da próxima xornada. O próximo será ante Ferrol a última fin de semana deste mes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu