Estudiantes volveu á senda do triunfo impoñéndose perto do aro

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Buen partido ante un rival con peores resultados de los que merece por el buen juego que realizan”

BASKET FERROL 55 – ESTUDIANTES 82

Estudiantes volveu á senda da vitoria na Liga Galega preinfantil en Ferrol tras impoñerse a un conxunto que, por xogo, non merece o posto que ocupa na clasificación cunha soa vitoria nas primeiras seis xornadas de competición.
Ferrol mantivo o pulso con Estudiantes ao longo dun primeiro cuarto que finalizou cun axustado 14-19. Con todo no segundo parcial os celestes explotaron a súa superioridade física na pintura á vez que tiveron unha gran capacidade anotadora en rápidas transicións. Deste xeito romperon o marcador ao seu favor co 18-47 co que se chegou ao descanso.
No terceiro cuarto repetiuse o guión, un parcial de 8-20, pero no último, lonxe de baixar os brazos, Ferrol volveu demostrar que é un equipo a ter en conta e que lle poñerá as cousas complicadas a Burela na próxima xornada tras gañar o último parcial 23-16.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu