Estudiantes volveu á senda da vitoria pola porta grande

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Estudiantes reaccionou da mellor forma posible á derrota da pasada xornada en Culleredo. Os de Nico Fernández encararon o partido con moitas ganas, e tras uns primeiros minutos de tenteo e intercambio de canastras tomaron o mando do xogo e no marcador grazas á calidade das súas rotacións para chegar con vantaxe ao descanso, 29-27.
Estudiantes púxose o mono de traballo en defensa na segunda parte, dominou o rebote e correu en rápidas transicións para anotar cómodo, chegando a dispoñer no terceiro cuarto de vantaxes de 15 puntos que se quedaron en 12 de cara aos últimos dez minutos.
Montrove, que aínda non dixera a última palabra, reaccionou ao comezo do último parcial imprimindo dureza ao seu xogo, pero Estudiantes non se amedrentou e coa solvencia defensiva por bandeira e a aportación de Serguei en ataque, conseguiu volver á senda da vitoria pola porta grande na Liga Galega preinfantil.

“Gran trabajo de todo el equipo en defensa. Enhorabuena a los chicos por esta nueva victoria” NICO FERNÁNDEZ Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu