Estudiantes volveu á competición con outra vitoria inapelable

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Lo más importante era volver a la competición después de las vacaciones”

ARXIL 52 – ESTUDIANTES 77

Estudiantes segue a ser o rival a bater no grupo Norte da categoría preinfantil, na que xa suman 12 vitorias. A última ante un rival, Arxil, ao que lle gañaran cun marcador amplo en Lugo, nun partido que as pontevedresas afrontaran con baixas importantes.
Así, o equipo que atoparon en fronte en Pontevedra foi un rival máis competitivo, cun potencial físico importante, que pelexaba por cada balón e que lles formulou certas dificultades á hora de defender.
Con todo, as estudiantís, que non se resentiron do longo parón de Nadal, conseguiron chegar ao descanso con vantaxe no marcador tras parciais de 7-19 no primeiro cuarto, e 20-19 no segundo, no que as pontevedresas sacaron maior rendemento do seu poderío físico debaixo da canastra e dificultaron a recuperación de balóns por parte de Estudiantes.
Tras o paso polos vestiarios, o equipo de Fernán Varela conseguiu despegarse no marcador cun parcial de 13-23 que deixaba ás pontevedresas a 21 puntos. Con esta renda a favor, as estudiantís aproveitaron o último cuarto para seguir facendo probas de cara aos próximos partidos de Liga.
As celestes teñen por diante catro xornadas nas que se terán que medir a Marín Peixegalego, ao que recibirán a vindeira fin de semana no Anexo, e BBCA Ermida de Chamorro e Giraldo, aos que se enfrontarán tras o descanso da antepenúltima xornada.
Coa clasificación para a segunda fase xa garantida, as de Fernán Varela teñen como obxectivo continuar a preparación de cara a fase decisiva da temporada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu