Estudiantes volve sorrir coa súa vitoria a domicilio ante Arxil

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

SISE PEINÓ – Estudiantes

“En el 2º y 3º cuarto nuestra defensa nos permitió sacar una ventaja que a la postre fue determinante”

ARXIL 39 – ESTUDIANTES 60

Estudiantes volveu á senda da vitoria na Liga Galega júnior feminina tras impoñerse a Arxil nun partido igualado que se decantou a favor das lucenses grazas á defensa coa que secaron ás locais no segundo e terceiro cuarto.
Ata entón, os primeiros dez minutos xogáronse de poder a poder. Estudiantes sempre levou o mando no marcador ante un Arxil que, con defensa zonal, mantívose preto en todo momento. 12-13.
Xa no segundo parcial, Estudiantes subiu o ton defensivo co que roubou balóns e anotou en rápidas transicións para despegar no marcador cun parcial de 7-21 que deixaba a diferenza en 15 puntos ao descanso, 19-34.
A dinámica positiva e a concentración defensiva continuaron no terceiro cuarto, 6-13, e nunha segunda parte na que pese a non estar acertadas no tiro de tres, tan só 3 triplos ao longo do encontro, Estudiantes moveu ben o balón para romper a defensa zonal que suscitou Arxil ao longo de todo o encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu