Estudiantes volve reinar no Anexo

Como sucedera no encontro da primeira fase, o cadro capitalino impúxose ao campión Provincial xogando coma local

O Río de Galicia júnior feminino de Segunda División estreou a conta de vitorias na segunda fase ante o campión Provincial, Floristería Madeira Sarria, no cuarto duelo directo da tempada entre ambos conxuntos.
Nos catro gañou o equipo que xogou coma local, Sarria venceu nos dous partidos disputados en Novo Chanto e Estudiantes nos que se xogaron no Anexo.Neste último, tras impoñerse 58-42 nun partido marcado polo bo facer das xogadoras en idade cadete do Estudiantes.
Nas próximas xornadas ábrense novos emparellamentos, Floristería Madeira Sarria xogará dous encontros seguidos ante Arteixo, e Estudiantes Río de Galicia ante Culleredo, sendo o primeiro deles no Anexo para o cadro celeste.
Tamén volveu á competición Cidade de Lugo, neste caso no Grupo B, no que as lucenses visitaron a Santo Domingo Betanzos, 76-40, nun grupo no que se medirán con Tirso de Molina, Los Rosales, Esclavas e Xiria. Ademais de Betanzos, ao que recibirán en Lugo na segunda xornada.

Salir de la versión móvil