Estudiantes feminino volve ao Campionato de España júnior

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

Subcampioas galegas sendo o mellor equipo dos mortais

 

ESTUDIANTES 63 – PELETEIRO 53

Estudiantes asinou o pase á final e a súa volta a un Campionato de España júnior feminino trala ausencia na última edición pola porta grande.
A tempada das celestes ata a data é para enmarcar co subcampionato na Liga regular que confirmaron nos play off, tan só por detrás do inalcanzable Celta de Vigo.
Ante Peleteiro, xogábanse o pase a Avilés nun encontro a unha carta ante un rival coñecido á perfección. Estudiantes empezou coas ideas claras pero as compostelás mantíñanse con vida no partido, 18-19 no primeiro cuarto, e máxima igualdade no marcador con varios triplos made in Zeltia ata que chegou a xogada clave do encontro.
A falta de cinco segundos para o descanso e balón para as lucenses, Peleteiro, que aínda non estaba en bonus, quixo forzar unha falta, pero non o conseguiu en primeira instancia e, cando o fixo, fíxoo cunha antideportiva. Estudiantes converteu os dous tiros libres. Fernán Varela solicitou tempo morto e sacou brillo á pizarra cunha xogada ensaiada na que Yashina anotou dous puntos cos que o equipo foi ao intermedio con máxima vantaxe, 36-27.
Ao comezo da segunda parte as celestes xestionaron a renda. A diferenza ao longo dos segundos vinte minutos non baixou dos sete puntos cos que Estudiantes se plantará no próximo Campionato de España en Avilés.

 

“Gracias a esta victoria podremos disfrutar un mes más de entrenamientos con retos por delante” FERNÁN VARELA Estudiantes Lugo

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu