Estudiantes varreu a Ourense asestando un golpe de autoridade

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal grande

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Muy contentos con esta victoria ante un rival directo como es Ourense”

ESTUDIANTES 90 – OURENSE 74

Estudiantes pegou un golpe de autoridade na Liga Galega júnior masculina ao alzarse coa segunda praza tras desbancar a Ourense dela. Os de Ángel Riobóo, cun gran baloncesto, recuperaron o average particular ao impoñerse por 16 puntos tras perder no partido de ida por catro.
De inicio, o encontro estaba marcado pola lesión de Miguel Traseira no adestramento do venres, pero Estudiantes apelou á unión do grupo para desdoblar esforzos na pintura. Unha vez comezou o encontro os dous equipos tenteáronse nos primeiros minutos, nos que Álex Rivas foi o referente ofensivo celeste con 12 puntos, e Blanco o dos visitantes, con 9 nun primeiro cuarto que finalizou con 18-20 no marcador.
A partir de aí Estudiantes axustou a defensa e conseguiu complicar a circulación de balón dos exteriores visitantes para impoñerse no segundo parcial, 24-16, e chegar con vantaxe ao descanso, 42-36.
A segunda parte empezou cun parcial de saída de 9-2 que obrigou ao adestrador visitante a solicitar un tempo morto, tralo que propuxo unha defensa zonal 2-3. Estudiantes non dubidou e cun xogo vertical e, sobre todo, con tres triplos consecutivos, tombou a formulación ourensá ao grande para irse con máis 16 no marcador de cara aos últimos dez minutos nos que se viu un baloncesto digno de dous dos mellores equipos júnior de Galicia, pero Estudiantes mantivo o tipo e a vantaxe para alzarse co segundo posto tras asestar un golpe de autoridade a un rival directo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu