Estudiantes varreu a Carmelitas e conta por vitorias os encontros desta fase

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“A seguir sumando todas juntas e intentar mantenernos lejos de las lesiones”

ESTUDIANTES 80 – CARMELITAS 32

Estudiantes mantén o listón alto nesta segunda fase, na que suma por vitorias os dous encontros disputados. Tras gañar na primeira xornada a Franciscanas en Vigo, nesta o conxunto de Fernán Varela varreu da pista a Carmelitas cun claro e contundente 80-32.
Coa intensidade por bandeira e cunha defensa moi intensa en media pista Estudiantes non tardou en abrir oco no marcador, 22-7 no primeiro cuarto e 21-3 no segundo para levar o resultado ata o 43-10 co que se chegou ao descanso.
Os 33 puntos de vantaxe cos que se iniciou a segunda parte non foron excusa para que Estudiantes baixase o nivel de intensidade defensivo, á vez que tamén mantiveron a boa circulación de balón coa que atoparon sempre boas opcións de tiro.
Ao final a diferenza no marcador foise ata os 48 puntos, pero Estudiantes xa pensa na próxima cita que será moito máis esixente, ao visitar a pista do líder, o Celta de Vigo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu