Estudiantes tivo contra as cordas a todo un Celta

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

As olívicas renovaron o título da Copa Galicia Júnior con moito máis suspense do esperado. As de Fernán Varela alzáronse co trofeo dos equipos mortais

O Estudiantes júnior feminino promete batalla esta tempada. O conxunto dirixido por Fernán Varela empezou ao grande a tempada co subcampionato da Copa Galicia, un posto que pode considerarse o título dos equipos mortais ante a hexemonía do Celta de Vigo nas últimas tempadas.
Con todo, lonxe de conformarse co segundo posto. Estudiantes tivo contra as cordas ás anfitrioas, pero para iso antes tivo que eliminar a Compañía de María en semifinais.
Estudiantes meteuse na final tras un partido complicado en semis. A longa viaxe marcou o inicio de partido, no que as de Fernán Varela non estiveron ao seu mellor nivel, aínda que iso foi un trampolín desde o que non deixaron de crecer ao longo de toda a fase final.
Compañía de María empezou o partido con moita intensidade e dureza, polos que Estudiantes foi moitas veces á liña de persoal. Atrás as celestes estiveron sólidas e froito diso tomaron as primeiras vantaxes no marcador, 14-8 ao final do primeiro cuarto.
A intensidade foi máis baixa no segundo parcial, controlado por un Estudiantes que se deu conta de que facendo as cousas ben e minimizando erros estaría na gran final.
O 29-19 co que se chegou ao descanso daba unha certa tranquilidade, pero aínda máis o deu a gran posta en escena tras o paso polos vestiarios nos que o conxunto celeste despegou no marcador, 44-22.
A renda no marcador relaxou ás de Fernán Varela, que xa se vían con pé e medio na final. Estudiantes quixo dosificarse antes de tempo, co que Compañía de María tomou algo de aire aínda que sen chegar a poñer en dúbida en ningún momento a vitoria do conxunto lucense.
A clara vitoria en semifinais aínda ten máis mérito se se ten en conta que Compañía de María alzouse co terceiro posto tras impoñerse na final de consolación a Peleteiro, 56-55.

Final ante Celta de Vigo Na finalísima esperaba o anfitrión e favorito Celta de Vigo, conxunto que monopoliza as últimas tempadas o título de Copa e Liga en Galicia, pero que o pasou mal ante un espectacular Estudiantes.
A pesar de ter menos tempo de descanso, ao xogarse a súa semifinal máis tarde. As de Fernán sacaron forzas de fraqueza. O Celta empezou en plan irresistible con dous triplos consecutivos, pero as celestes reaccionaron e aos poucos metéronse no encontro ata tomar o mando no marcador, 18-14 ao final do primeiro cuarto.
O segundo cuarto fíxose un pouco longo polo cansazo acumulado, na parte inicial o equipo lucense mandou no marcador pero na recta final Celta deulle a volta para chegar ao descanso cun axustado 34-38 no marcador.
No terceiro parcial Estudiantes aferrouse ao encontro ante un Celta que nunca puido pasar a barreira psicolóxica dos dez puntos de vantaxe, e tan só foi capaz de romper o marcador ao seu favor no último parcial, ao impoñer a súa maior frescura física no rebote para alzarse co título tras pasalo moito peor do que indica o marcador final ante un gran Estudiantes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu