Estudiantes tivo contra as cordas ao Celta

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino, Principal

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Nos quedan dos partidos que disfrutar para acabar el año de la mejor forma posible”

ESTUDIANTES 59 – CELTA 62

Estudiantes quedou a trs puntos de lograr un reto maiúsculo, unha vitoria ante un Celta con todo o potencial deportivo e extramotivado pola posibilidade de proclamarse campión cun triunfo en Lugo.
As estudiantís, que se gañaban por máis de 15 tiñan unha pequena opción de pelear polo campionato, a piques estiveron de, cando menos, atrasar o alirón das celestes.
A diferenza do que sucedera en Vigo, onde lles costara entrar no partido de inicio, as de Fernan Varela saíron moi fortes á cancha, 11-9 no primeiro parcial, e xogaron unha primeira parte moi igualada, 28-28 ao descanso. Tras o intermedio, a falta de acerto en ataque, con algunhas malas finalizacións que o Celta aproveitaba para anotar en contras, permitiu que as viguesas empezaran a lograr vantaxes significativas. No entanto, nos momentos máis críticos. entre o final do terceiro cuarto e o inicio do cuarto, as de Fernán Varela reaccionaron e acercáronse de novo no marcador, mantendo opcións de vitoria ata o final do partido.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu