Estudiantes ten que gañar e agardar

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Narón ten dous partidos por diante e depende de si mesmo

 

MARÍN 48 – ESTUDIANTES 55

Estudiantes sumou unha nova vitoria, a 16 consecutiva na Liga Galega preinfantil masculina coa que os de Nico Fernández chegan á última xornada con opcións de título Galego.

As contas pasan por impoñerse a Porriño o vindeiro venres a partir das 12:00 no Anexo e esperar que Narón pinche no dobre compromiso que ten a próxima fin de semana, no que se miden con Novobasket e Marín.
Para chegar con estas opcións á última cita Estudiantes tivo que asaltar a pista de Marín. Un partido que se presentaba complicado e estivo á altura do esperado, pero tamén o estiveron unha vez máis os celestes.
O primeiro parcial de 5-16 deixou claras as intencións lucenses, pero Marín, que é un gran equipo, non se deixou levar e cun 16-10 no segundo parcial comprimiu o marcador ata o 21-26 co que se chegou ao descanso. Na segunda parte, a partir dunha gran defensa e boas lecturas en ataque, Estudiantes tomou as rendas de novo cun parcial de 11-17 mentres que no último soubo xogar co marcador para saír victorioso de Marín.

 

“Partido para disfrutar, muy completo y trabajado ante un gran rival como Marín en el que se pudo ver lo mucho que hemos avanzado como equipo a esta temporada” NICO FDEZ. Estudiantes Leyma

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu