Estudiantes cadete tamén gaña con outros rexistros

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“A pesar do mal día que tivemos, sacamos o partido adiante como equipo”

ESTUDIANTES 55 – MARISTAS CORUÑA 50

Sexta vitoria noutros tantos encontros para un Estudiantes que, con casta e orgullo, sacou adiante un partido fóra dos seus rexistros habituais ante un rival directo polo primeiro posto do Grupo Norte da Liga Galega cadete masculina.
Estudiantes, afeito a realizar un xogo alegre en rápidas transicións, tivo que amoldarse a un partido con baixo ritmo e moi poucos puntos.
Desde os primeiros minutos Maristas Coruña dominou o rebote ofensivo, polo que Estudiantes xa non puido correr e tan só foi capaz de anotar en situacións illadas para asinar un primeiro parcial de 10-7.
No segundo cuarto, por momentos, pareceu que o conxunto celeste lle podía imprimir ritmo ao xogo. Cunha defensa máis agresiva e pechando liñas de pase, os celestes conseguiron roubar balóns e saír ao contraataque. Con todo, a carga de faltas fixo que os herculinos entrasen en bonus e maquillasen a diferenza, 17-14, para chegarse ao descanso con 27-21.
O intercambio de golpes chegou no terceiro cuarto, 17-16, deixando a diferenza en sete puntos de cara a uns últimos dez minutos nos que Maristas Coruña chegou a dominar no marcador. Estudiantes baixou as pulsacións apelou á calma e desnivelou o encontro con acerto desde o tiro libre nos minutos finais dun partido dos que se sae reforzado como equipo, pese a non realizar o mellor baloncesto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu