Estudiantes soubo saír do lío no que se metera e esta xeración remata outro ano invicta

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

JAVI PEINÓ – Estudiantes

“Nos llevamos la victoria en un partido en el que no la merecimos”

ESTUDIANTES 62 – OBRADOIRO 56

Esta brillante xeración de Estudiantes terminou o 2017 do mesmo xeito que o 2015 e o 2016, sen coñecer a derrota. Un rexistro que estivo a piques de chegar ao seu punto e final o pasado sábado no Anexo, xa que tras un mal partido, os celestes impuxéronse con accións individuais coas que saíron con vida para manter a súa condición de invictos na Liga Galega infantil masculina.
A posta en escena facía presaxiar un encontro cómodo dos lucenses, xa que nos primeiros minutos, cunha intensa defensa e con claridade de ideas en ataque, tomaron unha clara vantaxe. 22-7 ao final dos primeiros dez minutos. Con todo, Estudiantes variou a súa folla de ruta e empezou a descoidar a defensa e a facer a guerra cada un pola súa conta en ataque, perdendo por completo os acenos de identidade deste grupo.
Obradoiro continuou metido no encontro e recortou distancias no segundo parcial co 10-13 que deixaba o marcador en 32-20 ao descanso. Unha vantaxe aínda ampla, pero que os celestes dilapidaron tralo descanso cun apagón total.
Sen defender e anotando tan só en accións individuais, o marcador comprimiuse ao máximo tras un terceiro parcial demoledor, 15-26, que deixaba o partido totalmente aberto de cara ao último cuarto, que empezou con 47-46 no electrónico.
A remontada de Obradoiro culminouse ao comezo do último cuarto, chegando a dominar o encontro por cinco puntos. Pero cando peor pintaban as cousas, xa sen marxe de erro, Estudiantes púxose o mono de traballo, apelou ao poder de grupo e conseguiu darlle a volta en cinco minutos finais nos que demostraron o potencial que atesouran e co que sumaron un novo ano sen coñecer a derrota.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu