Estudiantes só necesita dous partidos máis para proclamarse campión

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Nuestro trabajo durante este parón será clave para la recta final de Liga”

BOSCO 56 – ESTUDIANTES 80

Estudiantes segue dando mostras de fiabilidade á fronte da clasificación, pero os lucenses teñen que dar un último impulso neste parón de Semana Santa para encarar as dúas últimas citas nas mellores condicións posibles.
Aos de Riobóo, tras impoñerse en Santiago a Bosco, tan só lles separa do título autonómico dous partidos, os que disputarán en casa ante Seis do Nadal e a domicilio na última xornada ante Sigaltec.
O “partido a partido” foi unha das mellores armas coas que contou esta tempada Estudiantes para manterse na loita, recortar distancias e asaltar o primeiro posto. Os celestes manteñen a folla de ruta marcada e ante Bosco Salesianos xogaron como se dunha final a partido único se tratase.
O gran momento de forma que ten Estudiantes fíxose valer desde o salto inicial en Ourense, onde tomaron o mando no marcador cunha posta en escena na que foron imparables en ataque, 10-21 ao final dos primeiros dez minutos.
O segundo cuarto empezou cun apagón ofensivo de ambos equipos, que chegaron ao ecuador do segundo parcial sen anotar, mentres que os últimos cinco minutos foron un intercambio de canastras para chegar ao descanso con 28-38 no marcador.
Xa na segunda parte Estudiantes non quixo deixar nada sen atar para última hora, e cun bo baloncesto puxo terra polo medio no marcador ao comezo da segunda parte cun terceiro parcial de 11-17 que deixaba en máis 16 a vantaxe de cara aos últimos dez minutos.
Estudiantes dominou o rebote e con acerto no tiro exterior, anotando 8 triplos na segunda parte, sempre tivo o partido baixo control. Ao final, tralo 56-80, os celestes xa puxeron a mente nos adestramentos ao longo do parón para afrontar as dúas últimas finais que teñen por diante.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu