Estudiantes prinfantil feminino será cabeza de serie na Final a 4

En 1ª División, Alevín, Principal

GEMMA – Franciscanos

“Muy orgullosa del partido que han hecho todas las jugadoras. Es un lujo poder disfrutar de la temporada con este grupo”

ESTUDIANTES 69 – BBCA 19

Estudiantes asegurou matematicamente a súa participación na Final a 4 polo título galego tras vencer a BBCA Praia de Doniños.
A dúas xornadas para o final da competición, e malia ter un partido aprazado aínda pendente, as de Gemma xa teñen segura a primeira praza do grupo Norte A, que lles dá o pase á final como cabezas de serie.
A clasificación parecía só cuestión de tempo para as estudiantís, que están realizando unha extraordinaria temporada, cun pleno de vitorias ata o momento.
As lucenses saíron moi motivadas ao encontro para medirse a un rival que as puxera en dificultades en citas anteriores, pero un primeiro parcial de 21-4 decantou a balanza desde os primeiros minutos do encontro, que continuou sendo prácido para as estudiantís. O acerto tanto en transicións rápidas como en xogo estático, e sobre todo no traballo defensivo, permitiulles seguir ampliando a distancia – 48 a 14 ao descanso- ata pechar o marcador.
A Final a 4 disputarase os vindeiros 26 e 27 de maio na Estrada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu