Estudiantes sentenciou pola vía máis rápida cun primeiro cuarto espectacular

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Muy buen partido de todo el equipo en líneas generales”

ESTUDIANTES 85 – ALLARIZ 66

Segunda vitoria consecutiva para Estudiantes nas dúas xornadas disputadas nesta segunda fase ,na que a próxima cita será a máis esixente, xa que os de Pablo Abuín viaxan a Tui para medirse co único equipo invicto esta tempada na Liga Galega cadete, tras gañar os 14 partidos da primeira fase e os dous desta segunda.
Pero isto será na próxima xornada. O importante agora foi a vitoria ante Allariz, na que os celestes tiveron fases de gran baloncesto para encher o depósito da confianza para viaxar a Tui.
Estudiantes empezou cun vendaval ofensivo, cun xogo dinámico e moitísimo acerto no tiro exterior, os lucenses fóronse ata os 28 puntos nos primeiros dez minutos, nos que o ritmo frenético propiciou algunha lagoa defensiva, pero o parcial pechouse cun claro e contundente 28-14.
No segundo cuarto as rotacións celestes mantiveron o mesmo nivel que o quinteto inicial, aínda que Allariz demostrou a súa casta ao non baixar os brazos en ningún momento.
Ao descanso chegouse con máis 16, 44-34. Unha diferenza que aumentou Estudiantes ao comezo da segunda parte coa que deixou o partido sentenciado con diferenzas que roldaron os trinta puntos ao longo do terceiro parcial.
Nos últimos tres minutos chegou unha lóxica relaxación que aproveitou Allariz para maquillar un pouco o resultado, pero no último cuarto Estudiantes volveu ser moi superior cun baloncesto alegre e moi difícil de parar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu