Estudiantes segue deixando pinceladas de equipo grande

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“A liña a seguir é a do primeiro parcial”

SIGALTEC 65 – ESTUDIANTES 74

Estudiantes volveu deixar pinceladas de equipo grande. Nesta ocasión en Vilagarcía nun partido marcado pola espectacular posta en escena, pero no que tamén tiveron que reaccionar a un intento de remontada local tralo que se comprimiu o marcador no terceiro cuarto.
Ata entón o 7-23 do primeiro foi un fiel reflexo dos mellores minutos dos celestes esta tempada. Neles mostráronse moi serios en defensa, dominando o rebote e saíndo rápido á contra. Pero tamén metendo balóns interiores para aproveitar a súa superioridade física.
Sigaltec empezou a espertar no segundo cuarto á vez que baixaba a intensidade no xogo celeste como era de esperar. Pese a iso a boa circulación de balón en ataque dos celestes mantivo a diferenza no marcador cun segundo parcial de 20-18.
Tralo descanso Sigaltec, inesperadamente, meteuse de novo no partido cun gran baloncesto. Moi dinámicos e cun gran acerto dende o tiro de tres puntos para chegar a poñerse a tan só catro puntos de Estudiantes no marcador.
Cando peor pintaban as cousas para os lucenses o equipo pechou filas e apelou ao traballo en equipo para volver crecer dende a defensa e xogar con claridade e boa circulación de balón en ataque, evitando deste xeito o intento de remontada local para manter o pleno de vitorias neste inicio da Liga Galega cadete.
Na próxima xornada Estudiantes recibirá a Ferrol no Anexo, un rival que aínda non coñece a vitoria e que encadena tres derrotas seguidas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu