Estudiantes secou a Xiria e xa pensa nos dous próximos duelos decisivos

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal grande

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Ahora empieza nuestra temporada. Los partidos ante Rosalía y Obradoiro determinarán, en las dos próximas jornadas, si podemos aspirar al título”

XIRIA 33 – ESTUDIANTES 86

Estudiantes demostrou en Carballo que chega en forma á fase decisiva da tempada, na que os de Riobóo xogaranse as súas opcións de volver ser campións galegos ante Rosalía e Obradoiro, cuarto e primeiro clasificados respectivamente.
Para chegar con todas as espadas no alto a estas citas, Estudiantes tivo que facer escala en Carballo para medirse con Xiria, nun partido marcado polas ausencias por lesión de Álex Hermida, Jacobo e Dani. Pero os celestes deron un paso á fronte como grupo e liquidaron o trámite con nota.
Nos primeiros minutos Estudiantes non logrou despegar no marcador, 10-15 ao final do primeiro cuarto, pero a partir de aí a defensa lucense secou por completo ao seu rival, que tan só puido anotar 12 puntos entre o segundo e o terceiro cuarto.
Ao descanso o marcador xa era de 18-45. Nos vinte minutos nos que Xiria tan só meteu 12 puntos, Estudiantes sentenciou o encontro con 53. Polo que os celestes deixaron pasar os minutos finais sen facer sangue para empezar xa a pensar tan só nas dúas próximas xornadas nas que se poñerá sobre a pista todo o traballo realizado ao longo desta tempada.
A visita de Rosalia a próxima xornada é vital para asegurar unha praza nos play off. Gañando, Estudiantes podería centrarse xa no primeiro posto, e para asaltalo tería unha oportunidade única na seguinte xornada a domicilio, na que visita a pista de Obradoiro.
Dous partidos marcados no calendario, pero o paso a paso estalle funcionando aos de Riobóo, polo que toda a atención esta fixada no próximo encontro, no que reciben a Rosalía nun dos mellores momentos da tempada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu