Estudiantes secou a Maristas na primeira parte

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

EstudIantes impúxose nun duelo directo por entrar no corte dos catro primeiros equipos a Maristas Coruña, nun partido marcado polo alto listón defensivo que impuxeron as lucenses ao longo de toda a primeira parte, na que deixaron ás herculinas en tan só 14 puntos.
Estudiantes pechou o rebote e non concedeu transicións rápidas de Maristas, mentres que en ataque tiveron un goteo continuo de anotación co que levaron o marcador ata o 33-14 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte esperábase a reacción visitante e esta chegou cun parcial inicial de 0-10. Estudiantes apelou á calma e cun parcial a favor de 7-3 botou por terra as opcións de remontada de Maristas no Anexo.
No último cuarto Estudiantes limitouse a controlar o partido desde a defensa ata que Maristas tirou por completo a toalla ao verse superado nesta ocasión por unha boa versión celeste.

“El trabajo defensivo en la primera parte nos permitió controlar el partido en la segunda” SISE PEINÓ Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu