Estudiantes secou a Bosco na segunda

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

Unha defensa zonal 3-2 tan só encaixou 15 puntos

ESTUDIANTES 42 – BOSCO 39

Estudiantes reaccionou na segunda parte tras uns primeiros vinte minutos nos que Bosco Salesianos foi mellor no Anexo. O encontro, disputado por semana, tivo dous partes moi distintas.
Na primeira as lucenses sufriron moito en defensa cun Bosco máis activo e que dominaba o rebote para tomar vantaxe no marcador, 7-10 nos primeiros dez minutos e 4-14 no segundo parcial para chegar ao descanso con 13-24.
Co partido costa arriba, Sise Peinó conseguiu cambiar o rumbo do encontro. No descanso suscitou unha defensa zonal 3-2 coa que colapsou por completo o xogo ofensivo das visitantes. Na pintura empezou a mandar Estudiantes pechando o rebote, polo que puido correr e anotar con fluidez, mentres que Bosco tan só puido ver aro en toda a segunda parte con canastras de tres puntos, tres no terceiro parcial e dous no último.

 

“Necesitamos tener mucho más ritmo de juego en ataque y en defensa” SISE PEINÓ Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu