Estudiantes sacou o billete para o Galego tras gañar a Narón no Anexo

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

JAVIER PEINÓ – Estudiantes

“A pesar de la diferencia final tenemos que mejorar, y mucho, defensivamente”

ESTUDIANTES 107 – NARÓN 61

Estudiantes apelou á profundidade do seu persoal para desnivelar un encontro con moita letra pequena, á marxe do que indica o marcador final.
A posta en escena foi brillante por parte dos lucenses, cun parcial inicial de 13-0 que obrigou ao adestrador rival a parar o encontro cun tempo morto. A partir de aí a defensa celeste empezou a facer augas pola relaxación e Narón foise metendo no encontro pouco a pouco ata reducir distancias ao final do primeiro cuarto, 25-21, e ata darlle a volta ao marcador ao chegar ao descanso, 40-41.
No tramo final da primeira parte pitáronse moitas faltas coas que xogadores importantes de Narón cargáronse de persoais de cara a unha segunda parte na que Estudiantes exhibiu todo o seu potencial e fondo de armario con dous parciais demoledores no marcador, 30-11 e 37-9, para asinar o avultado 107-61 que oculta en parte as lagoas que tiveron os estudiantís ao longo dun encontro máis igualado que os 46 puntos de diferenza final.
Con esta vitoria, a novena noutros tantos encontros, os celestes asegúranse unha praza no Galego a falta de cinco xornadas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu