Estudiantes saca billete para os play off a falta de dúas xornadas

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Disputamos un encuentro con bastantes altibajos por nuestra parte”

ALLARIZ 77 – ESTUDIANTES 84

Estudiantes gañouse o dereito a loitar por unha praza no Campionato de España cadete masculino. Os de Pablo Abuín selaron o pase para os play off tras impoñerse en Allariz ao último clasificado desta fase, nun partido irregular pero co premio final da clasificación. Os celestes, a falta de dúas xornadas, garantíronse quedar entre os cinco primeiros. Co Campión fóra dos play off os lucenses buscarán agora quedar terceiros.
De inicio o partido comezou igualado, con intercambio de canastras e cos ataques impoñéndose ás defensas. A Estudiantes custáballe saír da primeira liña de presión dos locais, e o primeiro parcial pechouse cun igualado 20-22 no marcador.
No segundo os lucenses melloraron na saída de balón, tiveron máis fluidez e con iso tomaron o mando no marcador cun segundo parcial de 13-24 que resultou determinante no transcurso do encontro, grazas a dominar tamén o rebote defensivo, podendo correr e anotar como máis cómodos se sinten, en rápidas transicións.
Tralo descanso o partido tivo menos continuidade, sinaláronse moitas faltas coas que Allariz acudiu con frecuencia á liña de tiros libres e recortou distancias aos poucos. Pablo Abuín suscitou unha defensa zonal para evitar as faltas, e Estudiantes mantívose nos seus peores momentos.
Cun terceiro parcial de 21-13 chegouse aos últimos dez minutos con todo por decidir. Estudiantes entrou con mellor pé neste último parcial e tomou unha renda no marcador que soubo administrar ante o último empurrón local por meterse no partido. Ao final, vitoria lucense que deixa aos de Pablo Abuín coa clasificación para os paly off a falta de dúas xornadas, nas que se medirán a un Tui que xa é campión galego antes de despedir esta segunda fase en Porriño.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu