Estudiantes remontou e tivo opcións de gañar ata o último segundo

En 1ª División, Alevín

IAGO CASTRO – Estudiantes

“El partido pudo caer para cualquiera lado. Orgulloso del equipo por haber competido hasta el final”

OBRADOIRO 75 – ESTUDIANTES 73

A sorte deulle a espalda a Estudiantes no primeiro partido da segunda fase ante Obradoiro. Despois de igualar unha diferenza de 21 puntos, un último tiro que non entrou deixou aos de Iago Castro dous puntos por debaixo no marcador.
Un desenlace cruel para o esforzo co que os estudiantís conseguiron levantar un partido que se lles comezou a complicar xa na primeira parte.
O equipo pagou o exceso de nervios do primeiro partido da fase e xogou con altibaixos, propiciando que Obradoiro lograra as primeiras vantaxes. Os celestes chegaron ao descanso 11 puntos por debaixo e, na reanudación, a diferenza no marcador seguiuse ampliando ata chegar aos 21 puntos. No momento máis crítico do encontro os lucenses tiraron de garra e comezaron a recurtar distancias, chegando a poñerse un punto por riba.
Co marcador igualado, nas últimas posesións, o partido puido caer para calquera dos dous lados, pero a cara da moeda foi para os composteláns, que na última xogada anotaron un 2+1 co que se poñían dous puntos por diante, forzando a Estudiantes a empatar desde a banda en apenas dous segundos. Ese último tiro non entrou.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu