Estudiantes remata invicto a primeira volta da competición

En 1ª División, Alevín

GEMMA – Estudiantes

“Hemos sido capaces de jugar buenas situaciones durante todo el partido. El objetivo sigue siendo mejorar y disfrutar todo el año”

PONTUMIO 11 – ESTUDIANTES 62

A intensidade defensiva e un claro dominio físico permitíronlle a Estudiantes resolver con comodidade a súa última cita da primeira volta. Cuarto partido e cuarta vitoria para as de Gemma, que chegan ao ecuador desta primeira fase no máis alto da táboa.
Ante Pontumio as lucenses entraron en partido moi concentradas roubando balóns e encadeando canastras en contraataques. O segundo sexto converteuse nun ir e vir ao que souberon reaccionar cunha alta intensidade defensiva. En ocasións, o ritmo do partido levounas a perder balóns que axiña recuperaban cun gran traballo atrás. O marcador seguiuse ampliando ata o descanso, 7-50.
Na volta á pista tras o paso polos vestiarios, co encontro decidido, as de Gemma baixaron a intensidade defensiva para que non as penalizara a intensidade defensiva marcada dende o inicio. As estudiantís acabaron o encontro elaborando xogadas máis longas coas que xeneraban situacións de vantaxe tras ataques estáticos. A única mala noticia do encontro foi a lesión de Daniela Prado, que tivo que deixar o partido con dor nun nocello ao final da primeira parte. As estudiantís teñen por diante unha xornada de descanso.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu