Estudiantes remata a fase invicto con oito triunfos que avalan ás celestes de cara á segunda fase

En 1ª División, Alevín

GEMMA – Estudiantes

“Podemos irnos contentas de esta primera fase pensando sobre todo en recuperar a todas las jugadoras. Toca seguir trabajando”

ESTUDIANTES 56 – PONTUMIO 39

Estudiantes xogaba o seu primeiro partido tras o parón de Nadal, despois de cinco semanas sen competir. Malia que a inactividade, e as ausencias de Sara e Laura pesaron no seu xogo ao longo do encontro, no que non tivo a claridade habitual, o equipo de Gemma puido sacar adiante o último partido da primeira fase do campionato.
As estudiantís volveron superar a un Pontumio ao que xa venceran na primeira volta, en Pontedeume, e que sempre foi a remolque no marcador.
Os parciais de 11-4, 10-7 e 12-2 permitíronlles as de Gemma chegar ao descanso con 20 puntos de renda, un resultado cómodo para unha segunda parte algo máis equilibrada. Os erros frecuentes en finalizacións fáciles propiciaron que Pontumio lograra dous parciais favorables, no cuarto e último período, que non foron suficientes para poñer en risco a vitoria das celestes.
Estudiantes, único representante lucense na categoría feminina, remata así a primiera fase do campionato sen perder ningún encontro. Un aval de cara á segunda fase da competición donde se cruzarán cos mellores equipos do Grupo Norte B, e no que estarán en xogo as prazas para a final do campionato galego.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu