Estudiantes reinou no derbi ante Sarria

SARRIA-ESTUDIANTES
Derbi Provincial na primeira xornada do 2023 na Liga Galega júnior feminina ao citarse en Novo Chanto Castro Agrasar Sarria e Estudiantes Río de Galicia. Un derbi no que ambos conxuntos despediron a primeira volta intercambiando o orde de pista polas obras acometidas no Anexo e un derbi marcado pola vitoria capitalina, un triunfo merecido pero máis sufrido do que indica o 41-69 final.
De saída Estudiantes puxo o listón moi alto en defensa e atopou vías para anotar cun primeiro parcial de 0-9 dándolle continuidade ata o 2-14 e pechar os primeiros dez minutos con 8-17.
A partir de ahí Sarria deu un paso a fronte en defensa e meteuse de cheo en partido pese a chegar ao descanso con 19-29, xa que as sensacións ao remate do primeiro tempo eran mellor para as de Adrián López.
Tralo descanso a defensa de Estudiantes marcou un derbi que racharon ao seu favor as de Javi Peinó, indose por riba dos 20 puntos ao remate do terceiro parcial.

Salir de la versión móvil