Estudiantes recurriu á forza do grupo para remontar no treito final

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

JAVI PEINÓ – Estudiantes

“Nuestros buenos momentos de partido son de gran nivel, cuando perdemos la concentración lo pagamos”

TUI 72 – ESTUDIANTES 76

Estudiantes fixo borrón e conta nova tras despedir a primeira fase da Liga Galega infantil masculina con dúas derrotas. Pero esta segunda fase é outra aventura na que os celestes queren volver demostrar que son o mellor equipo de Galicia.
Durante moitos momentos do encontro demostrárono nunha pista e ante un rival tan complicado como Tui, pero ao longo dos corenta minutos tamén apareceron algunhas lagoas tras perdas de concentración en fases do encontro que fan a Estudiantes máis vulnerable.
A posta en escena foi brillante, cun xogo colectivo en ataque imposible de frear por Tui, buscando sempre a mellor opción en favor do compañeiro, mentres que en defensa a intensidade na primeira liña dificultaba a circulación de balón dos locais. Todos isto viuse reflectido no marcador cun primeiro parcial de 13-24.
No segundo cuarto Estudiantes foi máis irregular, defendeu e atacou peor, abusando do bote e ralentizando a circulación. Con todo, Tui só puido recortar un pouco as diferenzas, que se quedaron en máis dez ao descanso para os celestes.
Xa na segunda parte unha boa posta en escena dos lucenses levou a diferenza ata os 15 puntos, pero lonxe de baixar os brazos, Tui mantívose vivo e aproveitou os despistes de Estudiantes nos últimos tres minutos do terceiro cuarto, nos que os locais roubaron catro balóns e anotaron dous triplos nas dúas últimas posesións para darlle a volta ao marcador e encarar os últimos dez minutos con dous puntos de vantaxe.
Cando peor pintaban as cousas para os celestes, Estudiantes sacou o seu xene gañador e tomou as rendas do partido, cunha vantaxe máxima de sete puntos neste último cuarto no que Tui exprimiu as súas opcións cun último arreón no que se chegou a poñer a un punto a falta de minuto e medio, tempo no que Estudiantes xogou coa cabeza fría para saír airoso dun partido duro, pero no que os de Javi Peinó, por momentos, recuperaron o seu mellor baloncesto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu