Estudiantes recuperou a normalidade e volveu á senda da vitoria

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Buen trabajo de todo el grupo en un partido sin excesiva complicación”

ESTUDIANTES 92 – PÍO XII 49

Estudiantes volveu á senda da vitoria na Liga Galega infantil da mellor forma posible, tras impoñerse a Pío XII cun partido moi completo por parte de todo o equipo.
Os primeiros dez minutos foron os máis igualados do encontro, cun parcial inicial de 1-5 que obrigou ás celestes a subir o ton defensivo. Pouco a pouco Estudiantes foi entrando en calor e ao final do primeiro parcial xa mandaba no marcador, 18-15.
A mellor versión do conxunto de Julia Pena chegou ao comezo do segundo parcial, no que borraron da pista ao seu rival en todas as facetas do xogo. Estudiantes defendeu como poucos equipos son capaces de facer nesta competición, roubou e anotou con facilidade. Tan só algunha lagoa no rebote defensivo propiciou que o marcador non fose de escándalo, pero aínda así, a diferenza ao descanso foise ata os 17 puntos, 49-32.
Na segunda parte, con fases de relaxación e intensidade o marcador foise ata os 43 puntos de diferenza.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu