Estudiantes recibirá a Rosalía co título cadete en xogo

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Partido moi complicado que non se decidiu ata os segundos finais”

MARISTAS 66 – ESTUDIANTES 69

Traballada vitoria de Estudiantes na Coruña que permite aos de Pablo Abuín chegar á última xornada dependendo deles mesmos nun duelo directo ante Rosalía polo primeiro posto. Un partido que ademais de decidir o primeiro título será de vital importancia ao terse en conta na segunda fase, sobre todo trala derrota na primeira volta.
Para chegar con opcións de ser campións á última xornada, os lucenses tiveron que saír airosos dun encontro moi complicado ante Maristas Coruña. No primeiro cuarto, Estudiantes puido facer o seu baloncesto, correndo e atopando opcións de tiro cómodas para tomar as primeiras vantaxes no marcador, 14-20.
Maristas deu un paso á fronte no segundo parcial, axustando a defensa e provocando un pequeno atasco en Estudiantes, polo que o marcador comprimiuse ata o 29-31 ao descanso.
O terceiro período volveu ser para Estudiantes, 15-20, e, ao comezo do último, a diferenza chegou a ser de máis 11. Con todo, Maristas, cun gran acerto no triplo, asinando tres nos últimos minutos, obrigou aos lucenses a sentenciar o encontro desde o tiro libre.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu