Estudiantes puxo contra as cordas ao Obradoiro

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Seguimos entrenando para ser mejores cada día”

ESTUDIANTES 87 – OBRADOIRO 89

Estudiantes e Obradoiro disputaron un partido de poder a poder no que demostraron ser dous dos mellores equipos desta competición. A fortuna aliouse cos composteláns nos momentos clave, pero esta tan só foi unha batalla para gañar a Liga, aínda quedan moitas xornadas por diante.
O inicio de partido de Estudiantes foi espectacular e viuse reflectida cun 18-10 nos primeiros minutos, nos que a formulación en zona de Ángel Riobóo sorprendeu a Obradoiro. A partir de aí o xogo se trabouse, especialmente polas faltas, 18 por cada equipo nunha primeira parte que finalizou 41-42.
Tralo descanso Obradoiro intentou irse no marcador en varias ocasións, pero a resistencia celeste en momentos clave do encontro guioulles ata impoñerse no terceiro parcial por 25-24 e deixar o encontro empatado de cara aos dez últimos minutos dun espectacular encontro.
O último cuarto, con todo por decidir, foi unha oda ao baloncesto. Obradoiro empezou forte e tomou unha vantaxe de 8 puntos. Pouco a pouco Estudiantes foi recortando distancias ata dispoñer de posesión para empatar a falta de 14 segundos para o final.
O balón non quixo entrar e tralo rebote Estudiantes cometeu falta. Obradoiro anotou os dous lanzamentos e foise de 5 no marcador. Pero tras un tempo morto, Riobóo trazou unha xogada que os celestes executaron á perfección, anotando un triplo sobre a bucina que deixou a diferenza en tan só dous puntos, 87-89, algo que pode ser máis importante do que parece de cara ao encontro de volta, sobre todo trala igualdade que se viu ao longo dos corenta minutos no Anexo nun dos mellores encontros que se poden ver no baloncesto base galego.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu