Estudiantes, preparado para as dúas últimas citas da primeira fase

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Bo partido que nos serve para recuperar a confianza”

ESTUDIANTES 89 – PELETEIRO 62

Estudiantes afinou a súa posta a punto de cara ás dúas últimas xornadas desta primeira fase que poden ser determinantes no que resta de tempada, xa que o Galego cadete dispútase baixo sistema olímpico e teranse en conta os resultados da primeira fase entre os equipos que se citan na segunda.
Estudiantes xa ten o pasaporte selado, pero tamén o teñen os seus dous próximos rivais, Maristas e Rosalía, polo que as dúas últimas citas terán valor de segunda fase.
As dúbidas que se puideron xerar trala derrota en Ferrol marcaron os primeiros minutos no Anexo ante Peleteiro, sobre todo en defensa ao encaixar 18 puntos, pero desde os primeiros minutos o ataque funcionou e Estudiantes estivo por encima dos 20 puntos en todos os parciais.
A calidade das rotacións rompeu o marcador no segundo cuarto, 22-14, no que Peleteiro non puido manter a intensidade e o acerto. Tralo descanso Estudiantes deu outro paso á fronte para encher o depósito de moral con bo baloncesto para afrontar con optimismo as dúas últimas citas desta primeira fase, que poden marcar o transcurso da tempada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu