Estudiantes prepara o asalto ao liderado que se xogará ante Narón

En 1ª División, Alevín

IAGO CASTRO – Estudiantes

“El compromiso de todos los jugadores es impecable. Es un lujo entrenar a un grupo así. Seguimos con muchas ganas”

ESTUDIANTES 85 – BASKET FERROL 51

Pese a que Iago Castro segue sen ter a todo o equipo á súa disposición por algunha baixa, Estudiantes volveu ofrecer un nivel de baloncesto moi alto na Liga Galega alevín, na que comparte o primeiro posto con Montrove e Narón, estes últimos serán o seu próximo rival, polo que de manter esta liña e gañar a próxima fin de semana, Estudiantes podería asaltar o primeiro posto en solitario da competición con permiso de Montrove.
O estado de graza polo que atravesan os celestes viuse desde os primeiros minutos no Anexo. Pese a que no primeiro cuarto as porcentaxes de acerto no tiro non foron moi altas, malia facer ben as cousas e conseguir tiros liberados Estudiantes levou o mando no marcador desde o inicio.
No segundo cuarto os lucenses mantiveron un ritmo moi alto coas rotacións, algo que foi imposible de igualar por parte dun Basket Ferrol que foi cedendo pouco a pouco.
Estudiantes sumou á súa boa, intensa e efectiva defensa, o acerto no tiro que faltou ao comezo do encontro, terminando o partido con 8 canastras de tres puntos.
Ao final o claro e contundente 85-51 reflicte a superioridade dun Estudiantes que xa prepara a conciencia o partido ante Narón.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu