O Estudiantes preinfantil, en busca da excelencia defensiva

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Gran trabajo en defensa, consiguiendo encajar sólo 18 puntos en tres cuartos”

ESTUDIANTES 56 – B. FERROL 32

Estudiantes Lugo continúa a súa posta a punto de cara á segunda fase. Na antepenúltima xornada desta primeira fase da competición, os celestes probáronse contra Basket Ferrol, sacando a mellor nota no traballo defensivo.
Os de Ángel Riobóo mostráronse moi sólidos en defensa desde o primeiro momento, dominando o partido cerca dos dous aros, e anotando tanto en estático como en contraataque.
A distancia no marcador foise ampliando ata os 19 puntos de vantaxe cos que se chegou ao descanso, 32-13. No terceiro período, Ferrol conseguiu recortar as diferenzas ata os 10 puntos grazas a un gran acerto desde a liña de tres, 10-14, pero a reacción quedou en espellismo grazas ao bo traballo defensivo dos estudiantís, que foron abrindo de novo a brecha no marcador.
Ao peche desta edición, Estudiantes xoga o derbi aprazado contra Galén Ensino, e a vindiera fin de semana cerra a primeira fase coa visita de Basquet Coruña, único equipo, xunto a Culleredo, ao que non conseguiron gañarlle nos primeiros meses de competición.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu