Estudiantes pon pé e medio nos play off da Liga Galega cadete feminina

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

ESTUDIANTES 74 – FRANCISCANAS 69

Estudiantes asinou unha vitoria moi importante ante Franciscanas que deixa ás de Fernán Varela nunha inmellorable situación para afrontar desde os postos de play off as tres últimas xornadas, nas que conta cun colchón de dúas vitorias de vantaxe sobre os seus principais rivais.
O partido xogouse logo de tres semanas sen competir, polo que os dous equipos mostráronse algo faltos de ritmo nos primeiros minutos, sobre todo en defensa, xa que o intercambio de canastras foi a tónica principal nun primeiro cuarto que finalizou con 21-17.
No segundo a defensa zonal proposta por Franciscanas se lle atragantou a Estudiantes, de aí a que ao descanso as visitantes tomasen o mando tras un segundo parcial de 8-17 que deixaba o marcador en 29-34 ao final da primeira parte.
Os segundos vinte minutos foron de poder a poder, cos ataques impoñéndose ás defensas, 18-14 no terceiro cuarto e 27-21 no último, no que Estudiantes selou unha merecida e moi importante vitoria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu