Estudiantes perdeu o comodín, pero aínda ten opcións de ser campión

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

Innecesario e inesperado desenlace final no partido que mediu a Estudiantes con Seis do Nadal no Anexo, no que unha vitoria celeste deixaría o título de Liga practicamente sentenciado. Con todo, o destino ofreceu a súa versión máis caprichosa e o desenlace final coñecerase a próxima fin de semana coa disputa da última xornada, á que Estudiantes chega aínda con opcións, pero sen depender deles mesmos.
Os de Ángel Riobóo, conscientes de que unha vitoria dáballes máis de medio título, saltaron á pista con decisión e asinaron unha boa posta en escena na que tomaron o mando no marcador con vantaxes que roldaban os dez puntos.
A sensación no Anexo era de que o partido estaba baixo control, pero de súpeto o encontro deu un xiro inesperado.
Estudiantes empezouse a cargar de faltas, ata oito nun primeiro cuarto no que aínda mantiñan a vantaxe, pero no segundo continuaron e Seis do Nadal empezou a recortar distancias ata poñerse por diante aproveitando as súas continuas visitas ao tiro libre.
Entre o segundo e o terceiro parcial a Estudiantes sinaláronlle 12 faltas persoais, o que propiciou que aos dous minutos de empezar a segunda parte xa houbese un xogador expulsado por acumulación e catro con catro faltas.
Seis do Nadal, sen ningunha presión, empezou a soltarse ata tomar o mando no marcador ante a desesperación xeneralizada no Anexo.
Con 15 puntos abaixo iniciouse o último cuarto, no que Estudiantes buscaba un heroica remontada. Álex Rivas sufriu unha clara falta persoal nun contragolpe que non se sancionou, e con esta acción prácticamente terminouse o encontro.
A partir de aí, o sucedido coñecerase o vindeiro mércores coa resolución do comité, pero sen que houbese ningún incidente grave, o certo é que o partido foi suspendido, que Seis do Nadal gañou, que Estudiantes perdeu a vantaxe e que Rosalía será o principal xuíz da Liga na última xornada, na que se medirá co novo líder da Liga Galega júnior masculina, Obradoiro.
Aos lucenses só lles queda facer a súa parte gañando en Vilagarcía a Sigaltec e agardar que o derbi compostelán lles dé unha alegría.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu