Estudiantes pecha o ano con cifras récord e once vitorias noutros tantos encontros

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Enhorabuena a todas por la constancia y energía con la que están viviendo el año. Ojalá podamos seguir así muchas temporadas”

ESTUDIANTES 71 – CORTEGADA 32

Estudiantes pechou o ano coa undécima vitoria da temporada, ante Cortegada. Unha traxectoria inmaculada que avala o gran estado de forma do equipo de Fernán Varela. Malia a condición de favoritas coas que chegaban ao encontro, as celestes non se confiaron contra un equipo que esperaban máis acertado do que o encontraron no partido de ida, no que se impuxeron por 29 a 79.
O devir do encontro no Anexo deu a razón ás súas expectativas, xa que as pontevedresas mantivéronse enganchadas ao partido ata ben entrado o terceiro cuarto.
O parcial de 20 a 6 co que se pechou este período rompeu un partido ata daquela aberto, cun Estudiantes Lugo desacertado cara ao aro e menos eficiente do habitual no balance defensivo, especialmente no segundo cuarto, moi igualado, 15-12.
Tras o paso polos vestiarios, o equipo de Fernán Varela corrixiu erros e consolidou a súa vantaxe.
Ao contundente parcial do terceiro período, sumaron o 19 a 8 co que se pechou o último cuarto do encontro.
Tras o descanso de Nadal, as estudiantís afrontarán o último tercio da primeira fase, con cinco partidos por disputar. Na volta á competición o primeiro rival será o Arxil, da zona media da táboa, e logo visitará o Anexo o Marín Peixegalego, segundo clasificado, a só unha vitoria das lucenses.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu