Estudiantes nada puido facer ante un Celta de outra liga

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

SISE PEINÓ – Estudiantes

“Perdimos ante un grandísimo equipo. Hay que seguir trabajando”

CELTA 76 – ESTUDIANTES 29

Estudiantes pasou o mal grolo que todos os equipos da Liga Galega feminina teñen que pasar ao medirse co Celta de Vigo, un equipo que está a outro nivel e que o demostra xornada tras xornada.
As lucenses saltaron á pista sen nada que perder e con moi boa predisposición, asinando un primeiro parcial de poder a poder no que, un triplo das locais nos últimos segundos, desluciu un pouco o cuarto, 19-12.
A partir de aí, a intensidade e acerto de todas as xogadoras do Celta de Vigo empezou a desnivelar o marcador con claridade, 19-5 no segundo parcial para chegar ao descanso con 38-17.
A mesma tónica mantívose ao longo da segunda parte, na que Estudiantes deixou por baixo dos vinte puntos ao Celta en todos os parciais, pero na faceta ofensiva o poderío local secou ao ataque lucense.
A falta de dúas xornadas para finalizar a primeira volta, Estudiantes suma sete vitorias e tres derrotas e mantense no cuarto posto que lles daría unha praza nos play off, principal obxectivo de cara á segunda volta da Liga Galega júnior.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu