Estudiantes, na procura de unha maior regularidade

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

SISE PEINÓ – Estudiantes

““Victoria importante para seguir cogiendo confianza”

ESTUDIANTES 69 – BOSCO 53

Penúltimo encontro de Estudiantes que se impuxo a Bosco nun partido con picos de bo baloncesto eclipsados por lagoas defensivas, pero que terminaron liquidando cun gran último cuarto.
Ata entón a posta en escena foi brillante, cunha intensa defensa e boa toma de decisións en ataque para tomar as primeiras vantaxes no marcador que roldaban os 10 puntos. Con todo, mediado o primeiro parcial, Estudiantes baixou o nivel de intensidade e Bosco empezou a crecer ata axustar o marcador, 18-14.
O segundo cuarto volveu ter picos de bo baloncesto con despistes de vulto, pero a irregularidade se escenificou no terceiro parcial, tralo descanso, cun gran Estudiantes nos primeiros minutos que se foi diluíndo no tramo final.
Ao último cuarto chegouse con todo por decidir, pero apareceu a mellor versión celeste; finas en defensa e con acerto no tiro, especialmente desde a liña de persoal, para terminar impoñéndose e chegar á última cita do 2017 con opcións de pasar fin de ano no podio da competición.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu