Estudiantes meteu a quinta na segunda parte

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

JAVI PEINÓ – Estudiantes

“Debemos seguir mejorando y trabajando duro día a día”

ESTUDIANTES 95 – BASQUET CORUÑA 61

Estudiantes mantén o pleno de vitorias nas cinco xornadas disputadas na Liga Galega infantil masculina tras impoñerse a un Basquet Coruña que, pese a ocupar o último posto da competición, vendeu cara a derrota, especialmente na primeira parte, que terminou cun axustado 49-40.
Ata entón a posta en escena estudiantil fora moi boa, obrigando ao adestrador herculino a pedir un tempo morto. A partir de aí, con tres triplos consecutivos, Basquet Coruña comprimiu o marcador ata o 25-21.
No segundo parcial, continuou o acerto visitantes desde o tiro de tres, con dous máis anotados. Pero o ataque de Estudiantes estivo a un gran nivel e, froito diso, chegaron os nove puntos de vantaxe ao descanso, 49-40.
Xa na segunda parte o acerto de Basquet Coruña foi menor, propiciado en gran parte pola boa defensa celeste. Co 25-12 do terceiro cuarto o encontro quedou visto para sentenza, mentres que co 21-9 dos últimos dez minutos a diferenza final foise ata os 34 puntos no Anexo, 95-61.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu