Estudiantes meteu a quinta ante Peleteiro en Santiago

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Necesitamos ser más regulares a lo largo de los encuentros”

PELETEIRO 73 – ESTUDIANTES 88

Estudiantes mantén o pleno de vitorias nas cinco xornadas disputadas no Grupo Norte da Liga Galega cadete masculina. A última ante Peleteiro en Santiago nun partido no que os de Pablo Abuín, pese a ser irregulares, puxeron terra polo medio no marcador con parcial de 11-28 no segundo cuarto.
Ata entón o encontro empezara cun intercambio de canastras no que os ataques impoñíanse ás defensas, 21-20. Pero no segundo Estudiantes subiu o ton defensivo e coas rotacións mantiveron o nivel para desnivelar o marcador ao seu favor ata chegar ao descanso con 32-48.
Na segunda parte a diferenza foise ata os vinte puntos, deixando o encontro visto para sentenza de cara aos últimos dez minutos nos que o partido careceu de actividade defensiva por parte de ambos equipos, 31-25,
Estudiantes terá a próxima xornada un duelo directo polo primeiro posto deste Grupo Norte, xa que recibirá a Maristas Coruña, terceiro clasificado con catro vitorias e unha soa derrota, polo que o primeiro posto estará en xogo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu