O Estudiantes alevín medra en grupo

En 1ª División, Alevín, Principal

O conxunto dirixido por Zaida Iglesias aséntase no podio da competición

Terceira vitoria consecutiva para o Estudiantes na Liga Galega minibasket masculina, competición na que o conxunto que dirixe Zaida Iglesias instálase no podio de cheo.
Ante BBCA os celestes tiraron de solvencia no seu xogo e foron superiores ao longo dos corenta minutos. O 10-7 do primeiro cuarto e o 13-10 do segundo levaron o marcador ata o 23-17 ao descanso.
BBCA non se deu por vencido en ningún momento, pero os visitantes non puideron recortar distancias na segunda parte xa que todas as rotacións de Estudiantes mantiveron o listón de esixencia moi alto ao longo dos corenta minutos.
Na segunda parte Estudiantes volveuse a impoñer nos dous parciais, 14-10 e 14-13, para deixar o marcador final en 77-54.
Tralo parón da próxima xornada os celestes despedirán o 2018 ante Maristas nun novo derbi.

“Estoy contenta con el trabajo realizado por todos los jugadores en este encuentro” ZAIDA IGLESIAS Estudiantes

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu