Estudiantes Lugo selou un gran ano co subcampionato galego

En 1ª División, Alevín, Minibasket, Minis

O subcampionato galego logrado por Estudiantes Azul na final galega disputada a finais de maio na Estrada foi o broche á temporada na categoría de minibasket para o baloncesto lucense. Os de Álvaro Abuín chegaron á gran final tras unha temporada moi regular en que demostraron que o relevo xeneracional no club celeste está en boas mans.

Minibasket galega
O equipo de Álvaro Abuín clasificouse para xogar a final four tras unha longa temporada que comezou coa disputa da primeira fase da competición, na que o baloncesto provincial tamén estivo representando na categoría galega por Be One Ribadeo, CB Viveiro e CB Burela, con sortes dispares. Os burelaos fixeron méritos para acompañar aos celestes na disputa dunha praza na final four na segunda fase da competición.

Os estudiantís realizaron unha temporada moi regular en que chegaron a encadear catorce vitorias consecutivas, mostrando unha hexemonía que só o Culleredo lles puiido discutir. Os coruñeses foron precisamente o rival co que se atoparon na final da Estrada, en que quedaron subcampións.

Na categoría feminina, o único equipo lucense na Primeira División foi Estudiantes, que completou unha gran primeira fase, con 8 vitorias noutros tantos partidos.
Minibasket provincial
Na categoría masculina, Cidade de Lugo alzou o título provincial tras un apertado pulso con Galén Ensino, ao que superou no basketaverage. Os dous equipos foran xa primeiro e segundo da liga zonal no grupo Sur, no que Maristas logrou a terceira praza. No grupo Norte, o campión zonal foi Franciscanos, secundado por Fingoi e Be One Ribadeo, que completaron o elenco de equipos que disputaron o título provincial.

Na categoría feminina, as campioas foron as xogadoras de Alevin 2005 C.B. Burela, que foron as máis regulares da Liga de dezaoito xornadas en que se decidiu o título. As burelás subiron ao liderado na terceira xornada e xa non o abandonaron malia que Cidade de Lugo e Franciscanos, alternando ao longo da temporada na segunda posición, non llelo puxeron doado. Cidade de Lugo foi especialmente esixente coas mariñás, sendo o único equipo capaz de derrotalas nun dos partidos máis axustados dos que se disputaron ao longo da temporada na categoría.

Para 2017/2018, o reto para boa parte dos xogadores e xogadoras da categoría será adaptarse ás novas dimensións da pista e da canastra para competir na categoría preinfantil, en que algúns xa puideron debutar nas últimas xornadas da temporada cos equipos dos seus clubs.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu