Estudiantes luciuse en Ferrol

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

A gran defensa celeste propiciou un KO no terceiro parcial

Estudiantes despregou todo o seu potencial en Ferrol co que arroiou a BBCA ata asinar un KO no terceiro parcial.
Os de Nico Fernández empezaron coas ideas moi claras, cunha presión alta que tardou un pouco en axustarse do todo, polo que os locais mantivéronse vivos no primeiro parcial ao aproveitar algunha lagoa celeste.
O 11-22 co que terminou o primeiro cuarto era tan só un espellismo, xa que a superioridade lucense era máis notable do que indicaba o marcador, algo que empezou a reflectirse tamén no electrónico no segundo cuarto, cun 6-28 que deixaba o marcador en 17-50 ao descanso.
Sen que BBCA puidese facer fronte a un Estudiantes pletórico, os celestes pecharon o marcador no terceiro parcial, 3-21 para o 20-71 final.
Todos os xogadores desprazados a Ferrol por Nico Fernández tiveron minutos de calidade e responderon cun nivel moi alto durante moitas fases do encontro.
Estudiantes chega ao parón de Nadal con boas notas, cos deberes feitos e con moi boas sensacións para afrontar unha segunda volta da Liga Galega preinfantil masculina na que os celestes teñen aínda moitas cousas que dicir.

“Buena actitud del equipo, pero nos queda mucho que mejorar en la segunda vuelta” NICO FERNÁNDEZ Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu