Estudiantes júnior feminino ten pé e medio nos play-off

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

SISE PEINÓ – Estudiantes

“Nos faltó un poco de fluidez y ritmo en ataque”

ESTUDIANTES 59 – SEIS DO NADAL 41

Estudiantes liquidou con éxito o trámite que lle mediu cun Seis do Nadal, que suma todos os partidos por derrotas esta tempada na Liga Galega júnior feminina. A vitoria celeste deixa ao conxunto de Sise Peinó con pé e medio nos play off, xa que esta xornada Peleteiro perdeu e o conxunto lucense conta con catro vitorias máis e un partido menos que o sexto clasificado, un Bosco Salesianos que tería que gañar todos os partidos, incluído no que recibirá a Estudiantes cun máis 13 de average particular para as celestes.
O ensaio ante Seis do Nadal en partido oficial fixo que as celestes encarasen o encontro un pouco frías, e iso aproveitárono as visitantes para empezar gañando 0-4. Un espellismo, xa que en canto Estudiantes se puxo o mono de traballo en defensa empezou a despegar no marcador ata o 23-7 co que finalizaron os primeiros dez minutos.
A partir de aí o partido estivo totalmente controlado malia a defensa zonal suscitada polas visitantes que, por momentos, se lle atragantou ás celestes por falta de frescura. Con todo, a diferenza foise ampliando co paso dos minutos ata o definitivo 59-41.
Na próxima xornada Estudiantes visita a Rosalía en Santiago, nun partido no que pode quedar sentenciado o podio da Liga Galega júnior feminina.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu